O 26 de marzo, Xinzo de Limia converterase no epicentro do sector primario durante unhas horas, nun dos días máis esperados do ano para a comunidade agrogandeira. Os Premios Semente nacen co obxectivo de recoñecer e destacar o labor de profesionais, entidades e proxectos que contribúen ao desenvolvemento do sector agroalimentario en Galicia.
Estas distincións buscan poñer en valor a innovación, a sustentabilidade, a tradición e o impacto social das iniciativas premiadas. Uns galardóns que pretenden ser un recoñecemento para todas aquelas persoas que lograron converterse en referentes na súa área e que serven de inspiración para as novas xeracións, que chegan con forza.
Todo isto da man do fantástico humorista e presentador Xosé Antonio Touriñán, que actuará como mestre de cerimonias e encherá de momentos únicos e divertidos o Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia.
Actor, presentador, produtor e director. Leva máis de 20 anos traballando no ámbito audiovisual e no teatro.
Comezou neste mundo case por casualidade aló polo 2002, co dúo cómico Os dous de sempre.
En 2005 iniciou a súa carreira na Televisión de Galicia, onde As Cantareiras de Ardebullo acadaron gran popularidade no Luar. Desde entón, traballou en múltiples series e programas da televisión pública, como Padre Casares, Land Rober, Tourilandia, Era Visto! ou Catro Gatos.
Situada na provincia de Ourense, no sueste de Galicia, A Limia é unha das principais portas de entrada a Europa, limitando ao sur con Portugal. É unha comarca chea de oportunidades de desenvolvemento en todos os seus sectores.
A pataca conta coa súa propia denominación de orixe, e o cultivo de cereal ten unha gran importancia. Ademais, os extensos prados e montes que conforman a comarca converten A Limia nunha das principais capitais agrogandeiras de Europa.
A súa riqueza natural destaca polas amplas zonas arboradas de carballos e castiñeiros, pola diversidade de aves especialmente protexidas e polo seu patrimonio cultural e artístico, que converten a comarca nun referente do turismo rural.
EXCELENCIA INNOVADORA
Dirixido a empresas ou profesionais que destaquen pola súa capacidade de innovación no ámbito do cultivo de cereais e patacas.
TRAXECTORIA EMPRESARIAL
Dirixido a empresas con traxectoria e logros destacados no sector.
MULLER RURAL
Dirixido a profesionais ou empresas do sector da pataca e cereal lideradas por mulleres.
COMPROMISO AMBIENTAL
Dirixido a profesionais ou empresas que destaquen pola súa responsabilidade co medio ambiente e polas súas boas prácticas ambientais.
PRODUTO LOCAL DO ANO
Dirixido a profesionais ou empresas que conseguiron lanzar ao mercado un produto novo e orixinal elaborado a base de patacas ou cereais.
INVESTIGACIÓN AGRARIA
Dirixido a profesionais ou empresas cuxo traballo destaca pola súa investigación na mellora dos procesos agrícolas da pataca e dos cereais.
PROXECTO GASTRONÓMICO
Dirixido a cociñeiros, restaurantes ou iniciativas culinarias que destaquen polo seu uso creativo, sostible e comprometido da pataca e dos cereais.
REPERCUSIÓN LOCAL
Dirixido a empresas ou profesionais cun alto nivel de recoñecemento local como xeradores de emprego.
DIVULGACIÓN DE VALORES RURAIS
Dirixido a empresas ou profesionais de calquera sector comprometidos coa difusión e concienciación dos valores do rural.
XOVE EMERXENTE
Dirixido a profesionais menores de 30 anos cuxa actividade no sector agrícola da pataca e dos cereais mereza un recoñecemento.
PREMIO ESPECIAL SEMENTE 2025
DESCARGAR bases reguladoras dos premios
Vas perdelo?
Xa está aberto o prazo para anotarte a esta gran celebración.
19:00 H: Inauguración dos premios Semente 2025
19:30 H: Conferencia inaugural
A mentalidade emprendedora.
Por que é tan importante desenvolvela?
20:00 H: Galardóns Semente
Presenta a gala:
Xosé Antonio Touriñán
As persoas, empresas ou institucións interesadas deberán enviar as solicitudes e a folla de méritos por correo electrónico ao seguinte enderezo:
premiosemente@gmail.com
Ademais, poderán presentar candidaturas os membros do xurado.
A convocatoria destes premios está aberta. As solicitudes poderán presentarse dende o martes 11 ata o domingo 23 de marzo de 2025, ás 00.00 horas.
Pavillón de Deportes: Xinzo de Limia
Data: 26 de marzo ás 19:00 horas